A asociación folclórica Ximiela actuará na celebración do día da Hispanidade en Nova York

Ribeira / la voz

ORTIGUEIRA

04 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación folclórica Ximiela de Louro (Muros) viaxará a América dende o día 6 ao 14 deste mes para actuar na celebración do día da Hispanidade en Nova York. O colectivo muradán sinalou que se trata dunha oportunidade «única e irrepetible», que supón un premio ao esforzo de todos os seus membros. Dende Ximiela subliñaron que para poder sufragar a viaxe tiveron que realizar numerosos seráns e outros eventos, e déronlle as grazas ao público por acudir a todos estes actos. A agrupación muradá cumpriu o seu primeiro cuarto de século o ano pasado, e este verán actuou no festival de Ortigueira.