07 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
A Asociación Veciñal e Cultural O Redondelo de Botos de Lalín participou onte no primeiro Encontro de Xigantes e Cabezudas de Neda, unha cita organizada pola Asociación A Piruchela que reuniu a agrupacións e amantes desta tradición popular chegados de distintos puntos de Galicia. A xornada comezou cun pregón de Luchi Iglesias, artesán e artista lalinense cunha ampla traxectoria no mundo dos xigantes e cabezudos.