Última hora
Florentino Pérez convoca elecciones en el Real Madrid y se presenta a la reelección

Neda explora nas súas XXI Xornadas literarias o fenómeno do «Galician noir»

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Presentación das Xornadas lieterarias de Neda.
Presentación das Xornadas lieterarias de Neda.

Se celebrará a vindeira semana, os días 16 e 17 de abril

09 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Neda converterase un ano máis neste mes de abril en epicentro cultural de Ferrolterra. Será grazas ás Xornadas literarias, coas que a biblioteca municipal conmemora o Día internacional do libro. A vixésimo primeira edición da iniciativa, que se celebrará a vindeira semana (días 16 e 17 de abril, a partir das 18 horas), leva o título de Galician noir, e contará con algúns dos escritores e escritoras máis destacados da «novela negra con acento galego».

A concelleira de Cultura, Marián Bello, presentaba este mércores no espazo cultural a programación desta cita, como todo un referente. Nesta ocasión, as xornadas poñen o foco neste fenómeno literario, «que converte a Galicia, cos seus frondosos bosques, a súa costa indómita, a néboa, e a súa potente simboloxía, en escenario perfecto para as historias de crimes e misterio». O Galician noir, un subxénero que está máis de moda que nunca grazas tamén ás producións audiovisuais, será analizado a fondo, nas dúas conversas ao redor das que se artellan as xornadas.