O colectivo Piruchela organiza esta programación
02 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Para a programación deste mes de decembro, o colectivo cultural Piruchela conta con toda unha serie de actividades musicais e mesmo gastronómicas en Neda.
O día 12, Inacio Vilariño presentará a banda deseñada Castelao Integral, do que é autor co ilustrador Iván Suárez. Os productos gastronómicos de Quinteiro Doce amosaranse o 14, o 20 hai un concerto de Raposa e o 21 a presentación do libro de poesía O faiado das papoulas (de Baia Fernández).
O 24 haberá un encontro «festeiro para compartir unhas gaseosas», o 26 un obradoiro de deseño do apalpador con Leandro Lamas e un campeonato de chave, o 27 o concerto de Os Homínidos e un xantar, e o 28 o pasarrúas do apalpador en colaboración coa asociación veciñal de Ancos.