O trinta aniversario do famoso movemento bravú chega a Neda

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Xurxo Souto, símbolo do rock bravú
Xurxo Souto, símbolo do rock bravú ANA GARCÍA

Proxectarase un documental con Xurxo Souto na Casa da Cultura

09 nov 2024 . Actualizado a las 10:24 h.

O movemento bravú irrumpiu na Galicia de principios dos 90 para marcar a toda a mocidad da época. E no seu trinta aniversario chegará a Neda a proxección dun documental sobre aquel fenómeno, Bravú XXX nunha road movie de Xurxo Souto. Será o 14 de novembro, ás 19.00 horas dentro da programación Outono das Artes da Deputación da Coruña.

No documental, Xurxo Souto (que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto) invoca «o cosmos e o espírito do movemento cultural que marcou a historia da música galega trinta anos despois do seu nacemento». Na peza audiovisual de Nós Televisión aparecen precursores e sucesores como Xosé Manuel Pereiro (Johnny Rotring de Radio Océano), Paola Beiro (das Garotas da Ribeira), Nuno Pico (de Grande Amore), Sés ou Vacalouras.

O filme funciona «coma unha viaxe colectiva, espontánea, honesta e aberta a todas e todos os espectadores».