O BNG denuncia no Parlamento problemas no saneamento da ría en Neda

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Cristina Bouza e Mon Fernández do BNG
Cristina Bouza e Mon Fernández do BNG Cedida

O deputado Mon Fernández presenta varias iniciativas

02 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A través da presentación de varias iniciativas no Parlamento de Galicia, o BNG demanda «unha solución definitiva aos problemas no saneamento da ría en Neda». Segundo a portavoz municipal Cristina Bouza e o deputado Mon Fernández, «xa se acumulan moitos incumprimentos», e isto afectaría segundo eles á produción marisqueira dunhas augas «xa en situación crítica». Bouza recalca que estes «verquidos traen de novo ao debate comarcal a situación do saneamento nos Concellos da ría e as súas respectivas problemáticas».