Neda a Petiscos irá de ruta por 18 establecementos de hostalería da zona

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Presentación de Neda a Petiscos
Presentación de Neda a Petiscos CEDIDA

Iníciase esta fin de semana con degustacións gratuítas

27 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Os produtos das panaderías locais de Neda promocionaranse desde esta fin de semana con degustacións gratuítas en 18 establecementos de hostalería. A segunda entrega de Neda a petiscos pretende ademais «permitir a veciños e visitantes saborear durante tres fins de semana consecutivas os mellores doces e empanadas de Galicia».

O calendario de catas, pechado pola área de Turismo e Comercio, inclúe unha degustación de balde en cada un dos 18 establecementos de hostalería do municipio, «enriquecendo cos sabores máis locais» a hora do almorzo ou a do aperitivo. Cada fin de semana (28 e 29 de xaneiro, 4 e 5 de febreiro, e 11 e 12 de febreiro) o Concello de Neda proporcionará a seis negocios (tres por día) bola de ovo, proia ou empanadas dos máis diversos sabores «saídas dos fornos locais para que as sirvan, de forma totalmente de balde, coas consumicións».

As panaderías participantes son La Nueva, O Carrizo, J. Castro Hermanos, Panificadora Germán, La Gallega, Santa Rita, Modesto Hermida, Forno de Binuca, Viuda de A. Romero, Forno de Liñares, La barra de oro y Tito.