Aparece calcinado o pano colocado polo BNG sobre a Cruz dos Caídos en Neda

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida NEDA / LA VOZ

NEDA

A Cruz dos Caídos de Neda apareceu co pano que colocou o BNG totalmente calcinado
A Cruz dos Caídos de Neda apareceu co pano que colocou o BNG totalmente calcinado Cedida

Os nacionalistas denuncian este «acto vandálico» e volven a reclamar a retirada da simboloxía franquista

16 may 2023 . Actualizado a las 15:33 h.

Restos da simboloxía franquista perviven en puntos da comarca de Ferrolterra, como a Cruz dos Caídos en Neda. Alí celebrouse o sábado un acto simbólico para reclamar a súa retirada, que consistiu na colocación dun pano e dunha faixa co lema Fóra simboloxía fascista. Todo ese material acaba de aparecer totalmente calcinado, no que os nacionalistas califican como «acto vandálico».

O BNG lamenta esa queima e recorda que a colocación do pano sobre a cruz pretendía «denunciar a pervivencia desta simboloxía fascista e demandar a súa retirada, en cumprimento da lei». 

Pano colocado polo BNG o sábado sobre a Cruz dos Caídos de Neda
Pano colocado polo BNG o sábado sobre a Cruz dos Caídos de Neda

Segundo indican desde o Consello Comarcal do BNG, ponse en evidencia «a pervivencia de ideoloxías e métodos que persisten na imposición e fican afastados da tolerancia dunha sociedade democrática». Os feitos xa foron postos en coñecemento do Concello, «agardando que desde o goberno municipal se manifeste un pronunciamento ao respecto e, lóxicamente, se promova a oportuna investigación para aclarar o acontecido».

O Bloque insiste na «necesidade urxente de que a institución municipal dea cumprimento ao Lei da Memoria Democrática de 2022, procedendo á retirada deste elemento da simboloxía franquista».