O Concello de Neda conclúe as obras de mellora no acceso ao cemiterio de Anca

La Voz

NEDA

cedida

Os traballos realizados inscríbense no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader

10 oct 2022 . Actualizado a las 18:43 h.

O Concello de Neda anunciaba esta mañá que daba por finalizados os traballlos de acondicionamento no camiño dos Foxos que vai ata o lugar de Corredoira. Trátase do vial que serve como acceso ao cemiterio de Anca. En ditos traballos de mellora, acometidos dende finais do mes pasado, investíronse máis de 42.000 euros.

Dita contía inscríbese no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) PEIM, da anualidade 2022-23. A intervención, que se levou a cabo ao longo de más dun quilómetro da estrada, foi realizada pola empresa Canarga despois do concurso público da administración local. A obra incluíu a limpeza de gavias, o rebacheo dos puntos máis deteriorados, o aglomerado asfáltico do tramo e o pintado e retoque da sinalización horizontal. Dende o concello acordaron que era unha solución máis eficiente e duradeira que fará posible reducir os gastos de mantenemento.