O Concello de Neda adxudica a Canarga as obras para a parroquia de Anca

La voz NEDA

NEDA

CEDIDA

Unha partida total de 67.718,99 euros, procedentes do orzamento municipal

26 sep 2022 . Actualizado a las 11:50 h.

O Concello de Neda acaba de adxudicar os traballos de pavimentación pendentes en varios camiños na parroquia de Anca: o camiño do Carballal e o vial de acceso á pista polideportiva de Anca. Despois da avaliación previa das ofertas presentadas no concurso público aberto pola Administración local, a empresa Canarga facíase co contrato, ao concorrer coa oferta económica máis vantaxosa. Así, o Concello investirá para ditas intervencións unha partida total de 67.718,99 euros, procedentes do orzamento municipal.

Os traballos de renovación e mellora contemplarán a roza das marxes, a limpeza de cunetas, rebacheo dos puntos máis deteriorados e aglomerado de asfalto en quente dos viais, logrando así unha solución máis duradeira no tempo que, co tempo, permitirá reducir os gastos de mantenemento.