Xosé Crecente Vega, onde cantou Fernando Esquío

La Voz

NEDA

28 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Ninguén sabe, a ciencia certa, onde repousan os restos de Fernando Esquío, o magnífico poeta medieval que no medio da noite se pregunta, cando o corazón lle doía, «Que me queres, amor?». Pero son moitos os lectores aos que lles gusta peregrinar, de cando en vez, a lugares como a igrexa de San Nicolás de Neda, ou ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, onde outros membros da familia Esquío habitan a eternidade convertidos en cabaleiros de pedra. Para Fernando Esquío demanda sempre un Día das Letras Vicente Araguas. Como o demanda, tamén, o mesmo que Martinho Montero Santalha, para Xosé Crecente Vega (Castro de Rei, 1986-Segovia, 1948), que pasou unha etapa central da súa vida, como párroco, en Santa Rita de Xuvia e en San Xiao de Narón. E que alí (en terras sen dúbida tamén moi cabalgadas, en tempos ben diferentes, por Esquío) cantou, con franciscano espírito, a beleza que habita nas cousas máis humildes da terra.