Zaira Vilela: «Durante a campaña de recollida suprimimos dous empregos»

La Voz

NEDA

JOSE PARDO

Veciña de Neda e responsable dunha empresa de traballos agrícolas e forestais, tamén sufriu os efectos da praga

23 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Zaira Vilela, veciña de Neda e responsable dunha empresa de traballos agrícolas e forestais montada hai cinco anos, tamén sufriu os efectos da praga da pataca. «É importante para nós e para a xente que traballa con nós, xa que durante a campaña de recollida da pataca suprimimos dous empregos. A moita xente maior nós faciámoslle todo o mantemento, desde a plantación, sachar a herba, amontoar, sulfatar dúas ou tres veces... Son ingresos que perdemos», constata a responsable da firma. En canto ao futuro, cre que «moitos non van volver plantar, aínda que deixen, porque ven que, realmente, traendo pataca de fóra aforran cartos. Tiñan o costume de cultivar e comer patacas da casa, era unha rutina, pero agora resúltalles cómodo que lles chegue un saco de patacas á porta por dez euros». Da súa experiencia, Vilela conclúe que «para a xente que contrataba todo o traballo, non é rendible economicamente a plantación de patacas».