Monte de Deus (Mons Dei)

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

NEDA

24 may 2018 . Actualizado a las 18:30 h.

Las Edades del Hombre montou a súa exposición anual (Mons Dei) de arte sacro en Aguilar de Campoo, ao pé dos montes da Cordilleira Cantábrica. A idea da exposición é a montaña sagrada. As relixións teñen mitificado o monte por moitas razóns. Inspiran poder. Para mín a razón máis importante é a auga. Onde nacen as augas.

O sentido sagrado queda nos nomes: Pico Sacro, Peña Sagra, e quedan os santuarios das Virxes. No Pico da Aquiana (seguramente de aqua+ana) están os restos da capela da Virxe da Aquiana, destruida polos raios das tormentas. É costume popular subir á Virxe alomenos unha vez ao ano á súa casa.

O pico de San Vicente da Ferreira conserva a cama do santo. Un sarcófago excavado na rocha. O santo está abaixo, na parroquia, atado con cadeas para que non se lles escapa ao monte. Disque poñer a meixela na pena é bo contra o mal das moas. No monte Miro, entre o Bierzo e Asturias hai unha lagoa, o pozo do cheiroso. A Xana que vive dentro do pozo vai nun carro tirado por leóns. Os de Anllares non o saben, pero teñen unha Cibeles de verdade. A esta xana non lle gusta que lle anden bañándose na lagoa.

Nós temos a Virxe do Nordés, no monte de Chamorro. En Neda o Monte Ancos agora ten un banco para a contemplación da ría. Un sitio axeitado para tentacións e caer nelas.

As montañas aínda conservan maxia telúrica. Las Edades del Hombre quixo rendirlle homenaxe á montaña.

O cristianismo está cheo de referencias sagradas. Por exemplo o Sermón da Montaña.