A obra representarase este venres e o sábado no Pazo da Cultura con actores como Antonio Durán Morris ou Guillermo Toledo
06 nov 2025 . Actualizado a las 18:18 h.Considerado un dos fenómenos teatrais do momento, como indican desde o propio Concello, a obra 1936 chega esta fin de semana a Narón. Co título completo de 1936. ¿El año en que España entró en shock?, trátase dun dos espectáculos «máis aclamados por crítica e público dos últimos anos dentro do panorama español». Aínda poden comprarse as últimas entradas, segundo indicaban onte desde o Concello.
Chegará este venres e o sábado ao Pazo da Cultura, cada día ás 20.00 da tarde. Trátase dunha peza producida polo Centro Dramático Nacional, Check In Producciones e El Terrat. E conta cun elenco «de luxo formado por Cristina Arias, Mamen Camacho, Antonio Durán Morris, Natalia Hernández, Guillermo Toledo, Paco Ochoa, Juan Vinuesa e o Coro de Jóvenes de Madrid».
O texto pertence a Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima e Juan Mayorga. A entrada xeral está a 28 euros e a reducida a 19,6.