Narón celebra a súa Mesa contra a Violencia de Xénero

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Mesa contra a Violencia de Xénero en Narón
Mesa contra a Violencia de Xénero en Narón Cedida

Abordáronse casos da cidade e de toda a provincia

29 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Narón volveu a sumar forzas onte contra a violencia machista a través da reunión da súa Mesa local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Foi presidida pola concelleira de Igualdade, María Lorenzo, e tamén acudiron Manuela Vilaboy (xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller), Guadalupe Lorenzo (inspectora xefa da UFAM da Comisaría de Ferrol-Narón), Manuel Díaz (subinspector da UFAM) e Juan Manuel Delgado (axente da Policía Local de Narón).

Outros participantes foron Belén Barro (centro de saúde de Narón), a avogada Clara Vilariño, Yolanda Martínez (xefa do Servizo Sociocomunitario de Narón), a traballadora social Lucía Vázquez, e a educadora social Judith Martínez. Abordáronse os casos de violencia de xénero tanto en Narón como na provincia. Vilaboy destacou a aposta polos centros de atención integral ás vítimas 24 horas.

Aportación do Concello

Dende o Concello de Narón resumiuse «o traballo realizado coas campañas A Igualdade polos Pelos, A Noite en Igualdade e a posta en marcha do Punto Violeta, así como as actuacións no Día Internacional Contra a Violencia de Xénero». E a edil María Lorenzo destacou «a implicación dos centros de ensino, cidadanía, corpos e forzas de seguridade do Estado e das diferentes administracións para continuar traballando en erradicar esta lacra social e ofrecer ás vítimas protección».