Narón terá a súa primeira Feira de Literatura e Arte

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Isabel Ramos e Mar Gómez, na presentación da I Feira de Literatura e Arte de Narón
Isabel Ramos e Mar Gómez, na presentación da I Feira de Literatura e Arte de Narón Cedida

Este venres e o sábado reunirá a 34 escritoras e escritores, ademais de pintores e librarías

27 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

No pavillón da Mocidade, Narón celebra este venres e o sábado a súa primeira Feira de Literatura e Arte. A convocatoria está impulsada polo Grupo de Autores de Ferrolterra, apoiado polo Concello.

Participarán librarías, asociacións, pintores como Dulce Anca e Crisanto Poveda, e 34 escritoras e escritores con contacontos ou conferencias.

O pregón correrá a cargo do xornalista e escritor Ramón Loureiro, o venres ao mediodía.