Frida Kahlo para nenos en Narón cun espectáculo esta tarde no Pazo da Cultura

La Voz NARÓN

NARÓN

C.L.

O café teatro acollerá a partir das seis a representación a cargo de A Cova das Letras

03 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A partir das 18.00 horas desta tarde, o Pazo de Cultura de Narón acolle a representación teatral de Frida. A obra escenificarase no café teatro, nun espectáculo axeitado para público familiar e infantil.

Trátase dunha peza de A Cova das Letras protagonizada por Cris Collazo e Martiño Mato. As entradas aínda poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. Os prezos van desde os 5,5 euros e a duración é de 50 minutos.

Segundo indican desde a compañía, trátase dunha homenaxe á pintora mexicana Frida Kahlo. «É unha peza que se presenta como unha festa de cores dos traxes mexicanos, evocando a paleta dos cadros de Frida Kahlo e recreando algúns deles a través do corpo, do movemento e dos obxectos», recollen.