O Trece celebra a primeira Feira do Mel galega con premios Cinco Estrelas

LA VOZ NARÓN

NARÓN

Apicultor archivo
Apicultor archivo

Haberá degustacións gratuitas con queixo e pan, ademáis do produto estrela

06 oct 2023 . Actualizado a las 12:46 h.

Degustacións gratuítas de pan con queixo e mel Cinco Estrelas ofreceranse na Feira do Mel do Trece, que se celebra o vindeiro día 15 de outubro. Esta edición número 22 da cita de Narón será a primeira das feiras galegas en contar con produtores recoñecidos no premio Mel Cinco Estrelas.

A Feira do Mel e Produción Primaria foi presentada onte polos edís de Feiras, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos; xunto co delegado da Asociación Galega de Apicultura, Rafael Díaz. Haberá vinte postos de mel e produtos alimentarios, que abrirán as súas portas ás 10.30 horas. O programa inclúe unha charla do veterinario Gonzalo Calvo sobre colmeas, obradoiros infantís, demostracións culinarias, e un relatorio do técnico Rafael Díaz. Dos cen participantes no certame Mel Cinco Estrelas, dous dos gañadores son de Narón.