Mil aventuras para os mozos de Narón para o mes de xullo

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

26 jun 2023 . Actualizado a las 15:10 h.

O vindeiro luns abrirase o prazo de inscripción para o programa Aventúrate-T, dirixido á mocidade de Narón. Desenvolverase do 10 ao 15 de xullo na Casa da Mocidade, na Gándara. E segundo o concelleiro en funcións de Mocidade, Pablo Mauriz, esta proposta «ten entre os seus obxectivos dar a coñecer actividades de activación saudable e afeccións culturais e deportivas ás mozas e mozos nados entre os anos 2006 e 2010». A proposta de balde oferta vinte prazas, e terán preferencia as persoas empadroadas en Narón.

No programa haberá obradoiros de surf, de cap paint (customización de gorras), igualdade e sexualidade, calistenia e crosstraining, scape room, video fórum, xogos e dinámicas grupais e unha visita ao parque de aventuras Roq Park en Viveiro.

Serán así mil aventuras en seis días. A maior parte das propostas levaranse a cabo en Narón, pero dúas delas serán en Valdoviño e Viveiro. O horario irá de 10.00 a 14.00 horas todos os días agás o venres 14 de xullo, cando se programou unha xornada en Roq Park de 10.00 a 17.00 horas.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través da Sede Electrónica de Narón, no Rexistro municipal ou en calquera dos lugares e rexistros autorizados. O prazo de solicitude abre este vindeiro luns ás 8.30 horas e rematará o 26 de xuño ás 13.00.