Narón organiza para os rapaces un obradoiro para elaborar papaventos

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Taller infantil en Narón
Taller infantil en Narón CEDIDA

Será o 27 de maio

20 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este luns o Concello de Narón abre o prazo de inscrición para o novo obradoiro de papaventos dirixido a menores. A través do Servizo de Normalización Lingüística, no marco do proxecto Guizo, celebrarase para nenos de seis a doces anos e para as súas familias. O obradoiro terá lugar o vindeiro 27 de maio ás 11.00 horas no centro cívico social do Couto.

Durante dúas horas os participantes aprenderán a construír e voar un papaventos. En total ofértanse quince prazas para menores, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, día 22, ás 10.00 horas e as prazas cubriranse por estrita orde de inscrición. A actividade é de balde.