
A cita terá lugar o 25, Día Interncional do Libro Infantil e Xuvenil
20 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Narón organiza para o sábado que vén, día 25 de marzo, na biblioteca municipal, o xogo de contos tradicionais A Oca de Andersen.
Segundo indica a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, a actividade celebrarase con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
A obra do autor danés Hans Christian Andersen será «a base desta proposta, dirixida a menores a partir de cinco anos e na que os personaxes e o autor serán os protagonistas dunha adaptación do clásico xogo da oca».