As comparsas poden apuntarse ao Entroido naronés dende o día 1

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Comparsa no Entroido de Narón de 2022
Comparsa no Entroido de Narón de 2022 kiko delgado

Participarán como máximo sete formacións de Narón e tres do resto dos concellos da zona

26 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o 1 de febreiro e ata o día 3, as comparsas que queiran participar no Entroido naronés poden apuntarse no Padroado da Cultura. Ese Festival de Comparsas celebrarase o vindeiro día 18, con desfile que parte ás 17.00 horas da praza da Gándara con chegada á pista polideportiva da Solaina.

Poden participar un máximo de dez formacións: sete de Narón e tres do resto dos concellos da zona. Segundo informou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, as inscripcións poden realizarse en horario de 9.00 a 14.00, con presentación dunha copia das letras a interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.

A axuda municipal para cada formación será de 800 euros para as de Narón (co 75 % como mínimo dos compoñentes residentes aquí) e 400 para o resto.