O BNG pide á Xunta a dotación de dous ascensores para o centro de saúde de Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Centro de salud de Narón
JOSE PARDO

Leva a situación do ambulatorio ata o Parlamento galego

18 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o Parlamento galego chegou a situación do centro de saúde de Narón. O deputado do BNG, Ramón Afonso, preguntou nunha das comisións parlamentarias á Xunta de Galicia sobre «as deficiencias deste centro que dá servizo a case 40.000 habitantes, e que ten un único ascensor que se avaría constantemente». Segundo o parlamentario, «agora tamén hai continuas inundacións nos baños, que quedan así fóra de servizo e con cheiros».

Con respecto ao ascensor, «o persoal técnico considera que non é o axeitado para un centro de saúde cun volume tan grande de usuarios para o oitavo concello de Galicia», como explicou Ramón Afonso.

Os nacionalistas afirman que o Sergas xustifica a existencia dun único elevador, «cun informe que avala a súa política de recortes mesmo nun centro de saúde de nova construcción». Ante as avarías denunciadas, «o persoal do centro ten que usar as escaleiras dende a apertura hai xa máis dun ano».

O BNG considera que o centro de saúde de Narón debería contar con dous ascensores. E reclama «unha solución provisional para os doentes, tanto por esas avarías como polo estado dos baños». Fala de «deficiencias estructurais do propio edificio».