O BNG reclama ao Concello que consensúe cos veciños sobre o cuartel de Xuvia

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Cuartel de la Guardia Civil de Xuvia, vallado para la demolición
Cuartel de la Guardia Civil de Xuvia, vallado para la demolición CESAR TOIMIL

Os traballos previos á demolición xa se iniciaron

14 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ante o inicio dos traballos para a demolición do cuartel da Garda Civil de Xuvia, o BNG reclama nun comunicado que o Concello de Narón logre un «consenso cos veciños» para o proxecto posterior. O goberno local quere falar coas asociacións veciñais para retomar a iniciativa dun centro municipal con diferentes usos para os residentes na zona.

Segundo o BNG, sen nada firme enriba da mesa «a veciñanza de Xuvia e Narón non se merece isto: un goberno que promete e non cumpre, un goberno que fala dun proxecto para uso veciñal de hai máis de catro anos e que hoxe segue sen estar consensuado». O concelleiro Geno Carballeira recalca que «utilizar a pandemia para xustificar atrasos nas obras e na licitación é de moi mal goberno por parte de Terra Galega».