A obra «Patriotas» chega ao Pazo da Cultura de Narón o sábado

G.D. FERROL / LA VOZ

NARÓN

Pazo da Cultura de Narón
Pazo da Cultura de Narón JOSÉ PARDO

Os espectadores que así o desexen pódense xa coa súa entrada na billeteira, cun prezo de 9'50 euros

08 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 20.00 horas, o Pazo da Cultura de Narón acollerá o novo espectáculo teatral Patriotas, coa autoría de Julio Salvatierra e baixo a dirección de Mario Vega. Os espectadores que así o desexen pódense xa coa súa entrada na billeteira do Pazo da Cultura, cun prezo de 9'50 euros.

Esta orixinal e estrambótica obra teatral que presenta Unahoramenos Producciones conta a historia da presidenta dun partido ultra nacionalista e homófobo. No relato entremistúranse varias voces: Nicole Wallace, quen ten que defenestrar politicamente a Janet Müller, a ideóloga e vicepresidenta deste partido, coa finalidade de branquear a súa formación e aspirar ao poder. Todo se complica cando a filla de Janet, bisexual e crítica con súa nai, comeza unha relación co fillo de Nicole, Iván. O argumento irase enredando e non deixará ao espectador indiferente.