Unhas 700 persoas asistirán á Festa do Río

La voz

NARÓN

La de Pedroso es una de las zonas recreativas más concurridas y con más servicios de Narón
La de Pedroso es una de las zonas recreativas más concurridas y con más servicios de Narón MARIA VILLAR

Terra Galega organiza este evento un ano máis para festexar o fin da tempada estival

10 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A área recreativa do Pedroso é un ano máis o lugar escollido por Terra Galega para celebrar o domingo día 11 a Festa do Río, xa tradicional do Concello naronés, que incluirá sesión musical, xantar, inchables para os cativos e actividades de animación para os pequenos e non tan pequenos. Trátase dunha cita interxeracional na que se agarda que todos participen e disfruten da festividade. Na cita participarán a alcaldesa Marián Ferreiro, o secretario Xeral do partido Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, o coordinador local, Ibán Santalla, e outros cargos do partido e simpatizantes. 

A Festa do Río dará comezo ás 13 horas con sesión musical e actividades para os cativos, seguida das intervencións do coordinador local do partido, Ibán Santalla, e de Sánchez Fojo e Marián Ferreiro. A alcaldesa explicaba que está a ter moi boa acollida por parte dos veciños. Despois dunhas palabras destes cargos públicos, terá lugar o xantar de convivencia para todos. As actividades reanudaranse ás 16 horas da tarde con distintas propostas para todas as idades.