Os vinte anos de Correlingua

La Voz

NARÓN

Pablo Hernandez Gamarra

31 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Baixo o lema de Vinte coa lingua, Correlingua cumpre dúas décadas co obxectivo de facer participar aos alumnos dos centros escolares nunha celebración a favor do galego que, según destacaron dende a organización, non pode deterse a pesar da actual situación excepcional. Deste xeito, Correlingua terá presenza física nunha ducia de colexios doutras tantas localidades galegas, e todas as súas actividades serán retransmitidas en streaming a través de YouTube para reivindicar o dereito a vivir en galego. A deputada María Ortega explicou que as previsións do Correlingua tiveron que mudar por mor da pandemia e adiarse de maio ata novembro, de tal xeito que as actividades comezarán o vindeiro xoves en Narón e logo trasladaranse a Pontevedra, A Estrada, Moaña, Vigo, O Rosal, Lugo, Xove, Rianxo...