«Animo a toda a xente a participar nesta actividade que se pode facer en familia»

O concelleiro de Deporte, Román Romero, destaca a importancia do exercicio para crear hábitos saudables


NARÓN / LA VOZ

«Basta con ter unha bici para poder participar no Día da Bicicleta», subliña o concelleiro de Deporte de Narón. Román Romero convida aos veciños a sumarse a esta iniciativa, que sitúa na liña «das actividades que organiza o Concello [neste caso con La Voz de Galicia e RadioVoz] para fomentar a actividade física e os hábitos saudables, ao marxe do deporte de competición e do mundo federativo». «Animo a toda a xente a participar nesta actividade que se pode facer en familia, nun día festivo relacionado co mundo da bici. Espero que o tempo acompañe, parece que si», comenta. Romero defínese como «unha persoa activa», recoñece que desde que entrou en política a súa relación co deporte foi algo a menos, pero o domingo tamén se sumará, dun xeito ou doutro, ao Día da Bicicleta. O concelleiro do Deporte vencella esta proposta lúdica coa campaña 100.000 Motivos de Peso, coa que o Concello de Narón pretende que os veciños do municipio perdan cen mil quilos ao longo de dous anos. «Aglutina todo un conxunto de actividades que desenrola o Concello con este obxectivo», sinala. Subirse á bicicleta, ademais de supoñer un fantástico exercicio físico, garante a diversión, máis se se fai en familia, como propón o concelleiro.

Romero destaca o papel do deporte para crear hábitos saudables

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Animo a toda a xente a participar nesta actividade que se pode facer en familia»