«O que queira ter a marca Produto do Eume ten que cumprir un regulamento»

María Meizoso AS PONTES

NARÓN

Miguel Teixido, gerente de Euroeume
Miguel Teixido, gerente de Euroeume ANGEL MANSO

Teixido ambiciona un proxecto concreto para o despegue dos operadores hortícolas

24 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Valora como «moi importante» o informe favorable emitido pola Consellería do Medio Rural que permitirá a posta en marcha dunha nova marca: Produto do Eume. Miguel Teixido, xerente de Euroeume- organismo impulsor da iniciativa- agarda que co tempo cada vez sexan máis os operadores da zona que se unan ao proxecto.

-A efectos prácticos, ¿que implica esta autorización?

-De entrada é un respaldo da administración. A partir de agora, colaboraremos coa Dirección Xeral no desenvolvemento da marca e nos aspectos formais. En definitiva, pasamos a ter unha garantía, moverémonos nun marco legal. De non facelo así, non contaríamos con este respaldo aínda que é certo que había quen non nos aconsellaba seguir esta vía porque o proceso administrativo é un pouco engorroso. De todas formas, preferimos facelo así porque queremos abrir novas vías de colaboración.

-¿Será compatible co que xa se está a facer?

-Non ten nada que ver. Unha cousa é a Agroalimentaria do Eume, na que participa Euroeume, é outra cousa isto. No 2004, impulsamos esa agrupación, pero nós somos só un socio máis. Hai varios produtores que teñen comercialización e distribución propia. Ademais, agora teñen vida propia con tenda online. Pero neste caso, o que queira ter a marca Produto do Eume, terá que cumplir un regulamento. Temos relación cos axentes do entorno próximo e poderían ser similares, pero non ten nada que ver. Agora, os operadores interesados terán que solicitalo. É algo que imos ir desenrolando sobre a marcha. Asimismo, é importante destacar que se poderán sumar produtores, pero tamén empresas que presten servizos.

-¿Algún produtor da zona amosou xa o seu interese concreto pola proposta?

-En concreto, dúas entidades: a Asociación de Veciños Monte Forgoselo e os apicultores da Casa do Mel de Goente. A partir de aí, estamos desenvolvendo o anexo a este regulamento co referente, nestes casos, á carne de terneira e ao mel e outros produtos apícolas. Despois, si máis adiante hai outros sectores e operadores interesados, valoraremos abrilo a novos produtos. Independente de que as primeiras conversas sexan con eles calquer outro gandeiro ou apicultor pode contactar con nós para asociarse. A convocatoria está aberta a toda a comarca de Ferrolterra e tamén a municipios límitrofes da Terra Chá ou á zona de Betanzos.

-A partir de agora, ¿que prazos teñen que seguir?

-A corto prazo rematar o proceso. Temos que trasladar toda a documentación á Oficina Española de Patentes e Marcas para que quede rexistrada. Hai varias posibilidades, algunhas delas colectivas que poderían ser interesantes. Por exemplo, sacar un regulamento para produtos de micoloxía, aproveitando a lei de montes que permite acotar e xestionar esos produtos e que hai bastante tradición en As Pontes coa Feira de Cogumelos. Tamén temas de repostería tradicional para o que poderíamos tirar das mantecadas e polvoróns. É, persoalmente, encantaríame que saíse adiante un tema que hai da horta tradicional. Na parte alta do Eume non hai moita cousa, pero si que existe en Neda, San Sadurniño ou Narón. É un sector ao que continuamente se vincula moita xente aínda que é moi complexo. A marca está pensada para pequenos produtores e volúmenes e está orientada a un comercio de proximidade e consumo local. Podería funcionar porque hai moita xente que busca unha garantía de orixe e certo compromiso coa producción local.

Autorización. A mediados deste mes de marzo, a Xunta de Galicia daba luz verde ao regulamento de uso da marca de garantía Produto do Eume. Dito informe era imprescindible para poda rexistrarse na Oficina Española de Patentes e Marcas. A comunicación, foi efectuada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.