O programa municipal de envellecemento activo de Mugardos comeza en outubro

la voz

MUGARDOS

CEDIDA

As actividades desenvolveranse en distintos espazos municipais a partir do 1 de outubro

17 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Varela, presentou xoves o programa de envellecemento activo municipal, destinado aos maiores de 55 anos. Os obradoiros programados para o curso 2022-2023 desenvolveranse en distintos espazos municipais a partir do 1 de outubro. No Local Social de maiores de Mugardos terán lugar os de memoria, lectoescritura e psicomotricidade, no Centro Cívico haberá teatro e na Casa da Cultura, alfabetización dixital.

No Seixo, as actividades desenvolveranse na Escola Infantil do Seixo, onde as persoas interesadas poderán asistir a comprensión oral e escrita, memoria, bailes e manexo do smartphone e as distintas aplicación (sobre o funcionamento dos móviles e as súas aplicacións). En Francisco Vizoso de Franza e no Casino de San Xoán de Piñeiro tamén se ofrecerá o obradoiro de manexo do smartphone, así como a materia de memoria. A concelleira quixo destacar os numerosos beneficios emocionais, sociais, materiais e psicolóxicos que estas actividades teñen para os maiores.