Monfero segue afondando nas historias de Vilachá co libro «Hai que andar»

A Asociación Rural C promove a recuperación da historia da parroquia


MONFERO

A Asociación Rural C segue traballando para que non se perda o pasado nin o presente da parroquia de Vilachá, no municipio de Monfero. Hai uns días presentaron as historias de Vilachá de 2019 e o libro Hai que andar, ao tempo que repasaron todas as actividades levadas a cabo ao longo do ano. Destacan os retratos de veciños da parroquia, o paseo pola fauna e a flora, a primeira e a segunda andaina das historias de Vilachá, os encontros de costura creativa, a visita aos pretroglifos ou a iniciativa de mapear a parroquia. Hai que andar é o título da obra que recompila a colleita de historias do ano pasado.

No acto léronse fragmentos deste traballo, co que se agasallou a todas as persoas que participaron no proceso e asistiron. A presentación serviu de pretexto para que veciños e veciñas conversaran. Este é un dos propósito que persegue o colectivo, coa idea de que ningún dos relatos se perda, preservando así a historia desta parroquia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Monfero segue afondando nas historias de Vilachá co libro «Hai que andar»