Ana Belén González: «O inmobilismo foi total»

A. F. C. FERROL

MONFERO

CEDIDA

A candidata nacionalista

17 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ana Belén González (Monfero, 1980), licenciada en Socioloxía, rexenta unha casa de turismo rural, leva de concelleira 12 anos e preséntase por cuarta vez á alcaldía polo BNG. «O mandato foi de inmobilismo total, cunha falta de ideas moi grande e coa mentalidade dos farois e o alcatrán, totalmente de costas ao parque natural [cando o 50 % da superficie pertence a Monfero], e cunha falta de servizos xeneralizada», resume. ¿E que propón? «Darlle unha volta ao Concello, empezando por poñer en valor o territorio e meter o parque natural na axenda política, igual que o mosteiro; impulsar os servizos básicos e o colexio», explica. Considera clave o acceso á vivenda, moi difícil ao carecer de Plan Xeral, e quere promover «un sistema de aluguer para xente moza». Ademais de ordenar o territorio para frear a «eucaliptización».