Alfredo Erias: «Galicia debe reflexionar sobre o futuro do seu patrimonio»

La Voz

MONFERO

CÉSAR DELGADO

O historiador reclama medidas eficaces para a defensa e a preservación dos bens culturais do país

26 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

director do Museo das Mariñas, historiador, académico, investigador de sólido prestixio e máximo responsable de publicacións como a revista Rudesindus e o Anuario Brigantino, Alfredo Erias, gran coñecedor do mosterio de Monfero, é, máis alá do ámbito puramente científico, un home sempre pegado á realidade dos días. «Galicia -di- debe reflexionar sobre o futuro do seu patrimonio; ten que pensar en serio nun plan para dar solución a situacións tan graves coma a que está padecendo o mosteiro».

-¿Ten vostede a impresión de que Galicia segue sen tomar conciencia do que representa un monumento coma o mosteiro que agoniza en Monfero?

-Non é exactamente iso. Galicia sabe moi ben que Monfero é un dos seus grandes mosteiros cistercienses, un mosteiro que tivo unha extraordinaria importancia ao longo dos séculos, e que ademais é un ben, como conxunto monumental, de excepcional valor. O problema, en realidade, é outro. A cuestión está en que non se acaba de decidir cómo afrontar o deterioro dese patrimonio, nin tampouco o seu futuro. Hai que buscar solucións.

-E na súa opinión, ¿por onde pasarían esas solucións?

-Pois sen dúbida por un uso turístico e cultural. É imprescindible fomentar un turismo de calidade.

-¿Pero hai mercado para facer que iso sexa viable desde un punto de vista económico?

-Por suposto que hai mercado, ¿como non o vai haber? O que pasa é que o mercado tamén hai que saír a buscarlo, e é imprescindible facer xestión. En calquera caso, Monfero pode ser un lugar ideal para xente que quiera pasar un tempo nun enclave de gran valor artístico e histórico, e nun paraxe excepcional. Como non pode seguir estando o mosteiro e como está agora.

-Un mosteiro que conserva (agora pechado ao público) un claustro deseñado por Juan de Herrera, o arquitecto de Felipe II.

-En recuperar Monfero témonos que comprometer todos. Eu estou traballando, por exemplo, na recuperación do vello camiño que unía Vilalba con Betanzos, e creo que sería bo lembrar que o mosteiro está nas terras que ese camiño atravesa.

-¿Que pensaría o vello Aras Pardo das Mariñas, que está sepultado na igrexa do mosteiro, se soubose que aquel lugar ía acaba así...?

-Aras Pardo das Mariñas, que por certo non está dentro do seu monumento funerario, senón noutro lugar da igrexa, e bastantes máis. Como Fernán Pérez de Andrade o Mozo; ou como Núño Freire de Andrade o Mao...