Comeza a Volta á Provincia, con saída e meta en Monfero na primeira etapa

La Voz

MONFERO

La carrera que respalda la Diputación finalizará el domingo

14 may 2015 . Actualizado a las 18:16 h.

La decimocuarta edición de la Volta Ciclista á Provincia, que organiza a Deputación, comeza ás dúas da tarde deste venres en Monfero, onde tamén estará situada a línea de meta desta primeira etapa. Os participantes pasarán este venres tamén por Irixoa, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Vilarmaior.

O pelotón está formado por 112 ciclistas de 16 equipos españois. O Super Froiz de Poio defende o título por conxuntos. Os participantes percorrerán este venres 132 quilómetros pola comarca de Betanzos, que inclúen dous portos de montaña, o primeiro en Cerdedo, a só 17 quilómetros da saída, e o segundo no alto de Taboada, a oito quilómetros da meta, a onde está previsto que cheguen os deportistas sobre as cinco da tarde.

O sábado a saída estará no Barqueiro, en Mañón, para seguir por Ortigueira, As Somozas, As Pontes, Cedeira e rematar de novo no Barqueiro. O domingo a saída e o final serán en Valdoviño, pero o pelotón tamén pasará por San Sadurniño, Neda, Ferrol, Narón, Moeche, Cerdido, Cariño e Cedeira.