A Volta á Provincia sae de Monfero e pasa por toda a zona

La Voz

MONFERO

A proba patrocinada pola Deputación da Coruña ten un dos percorridos máis esixentes da súa historia

07 may 2015 . Actualizado a las 19:46 h.

A Volta Ciclista á Provincia celebrarase do 15 ao 17 de maio con saída dende o concello de Monfero, onde se presentou. «Cremos firmemente na idea de cambiar de hábitos no ámbito da mobilidade», declarou o presidente da Deputación, Diego Calvo.

A Volta chegará a 21 concellos das comarcas da Coruña, Ferrolterra Eume e Ortegal. O primeiro día os ciclistas sairán de Monfero e pasarán por Irixoa, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Vilarmaior para volver ao municipio de saída.

O día 16 a sede será Mañón, en concreto O Barqueiro, para seguir por Ortigueira, As Somozas, As Pontes, Cedeira e rematar de novo no Barqueiro.