Moeche: o partido xógano dúas mulleres

ANA F. CUBA MOECHE / LA VOZ

MOECHE

CÉSAR GALDO

A popular María del Mar Méndez vólvese enfrentar á nacionalista Beatriz Bascoy, alcaldesa desde 2015

14 may 2023 . Actualizado a las 22:43 h.

En Moeche, o partido electoral do 28M xógano dúas mulleres: a alcaldesa, Beatriz Bascoy (BNG), ao fronte do goberno desde 2015, neste último mandato con seis dos nove concelleiros; e María del Mar Méndez, que repite como cabeza de lista do PP.

Entre os logros destes catro anos, a rexedora subliña o investimento de 1.123.556 euros acadado a través do convenio de Transición Justa para o Centro de Dinamización Económica e Social Rural TIC, un paso máis na rehabilitación do recinto feiral.

Moeche ten 1.191 habitantes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) de 2022. No ano 2000 contaba con 1.561, o que representa un descenso do 23,7 %, algo inferior ao doutros municipios de similar entidade na zona.

Beatriz Bascoy Maceiras, BNG: «O noso programa segue baseándose na participación veciñal»

Beatriz Bascoy Maceiras, funcionaria de 56 anos, leva 16 no Concello de Moeche, oito na oposición e oito na alcaldía. Deste último período alude á pandemia, «que parou todo e obrigou a cambiar as funcións propias da Administración local para atender as urxencias»; e á intensidade «dos anos 2021 e 2022 para recuperar o que non se puido facer, obras que tiñan que estar executadas e que se retrasaron, como a ampliación da rede de auga, o saneamento ou mesmo o plan anual de mantemento de vías».

—Que logros destacaría?

—Conseguir o punto propio de captación de auga e o proxecto financiado con fondos europeos para avanzar na reforma do recinto feiral que iniciamos no 2016 (estamos redactando as bases para licitalo). O bo é que o Centro de Dinamización Económica e Social Rural TIC non é só unha obra física, senón as actividades para poder sostelo e dinamizalo. Tamén o acondicionamento e mellora de vías, con fondos da Deputación (a do campo de fútbol está parada porque a empresa rescindiu o contrato, pero rematarase este ano, e conseguimos financiamento tamén da Deputación, xa que a Xunta nolo denegou, para as farolas, 27, con tecnoloxía led). E o Xeoparque do Cabo Ortegal, un éxito colectivo, polo esforzo dos sete concellos e a Deputación.

—Que propón agora?

—O noso programa segue baseándose na participación veciñal. Aparte de seguir coa rehabilitación do recinto feiral, hai que procurar financiamento para contar con vivendas sociais, na antiga Cámara Agraria, e para unha pista cabalar; seguir ampliando a rede de auga e saneamento, o local social de Santa Cruz, apoiar a ampliación da casa do maior, postularnos para renovar o nomeamento de Concello Amigo da Infancia e ter o de Concello Amigable das Persoas Maiores... Avanzar no xa iniciado e abrir novos camiños.

María del Mar Méndez Vilela, PP: «Hay servicios e infraestructuras que no funcionan»

María del Mar Méndez Vilela tiene 42 años, trabaja en la empresa familiar (antes trabajó en la Corporación Caixa Galicia) y opta por segunda vez a la alcaldía. Critica al ejecutivo del BNG «porque infraestructuras y servicios que sacó adelante no funcionan, como A Fusquenlla, cerrada dos años y dos meses después de acabar las obras y con una ordenanza para regular su gestión, recién aprobada e insuficiente; o la obra de la carretera de Casablanca, 700 metros, de la Diputación, iniciada en 2021 y sin terminar».

Su apuesta es «por el recinto ferial, sobre todo el uso agroganadero y las ferias mensuales, eje de la economía local», por un servicio municipal de desinfección de vehículos ganaderos (gratuito), viviendas sociales, ayudas a deportistas locales y para paliar daños del lobo, cubrir las pistas de pádel y crear una concejalía del sector forestal, «por su peso en empleo, actividad económica y fijación de población».