Moeche celebra as Letras Galegas cunha foliada irmandiña na zona do castelo

LA VOZ MOECHE

MOECHE

JOSÉ PARDO

Concello e asociacións promoven unha excursión, unha mostra sobre Fernández del Riego e teatro

11 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

As asociacións veciñais de Moeche implícanse na celebración das Letras Galegas, da man do Concello. Do 12 ao 31 de maio, o colectivo do Val exporá unha mostra sobre o autor homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, no castelo.

Para o día 17, a asociación de veciños Val do Moeche organiza unha excursión a Celanova. Arredor da fortaleza terá lugar unha foliada irmandiña o 16 (21.00 horas), impulsada pola entidade que organiza o festival.

E tamén o 17, a asociación de Labacengos ofrecerá unha obra de teatro no local do Ventoeiro (17.00). A Asociación Cultural e Teatral Pedroso escenificará «Nin o demo entende ás mulleres». A entrada é gratuíta e ao remate servirán uns petiscos, polo que hai que anotarse no 606 729 038, ata o día 15.