Veciños de Santa Icía fixeron no confinamento unha festa diaria

Disfrázanse, cantan e bailan, logo dos aplausos aos sanitarios

Familia de Santa Icía que participó en las fiestas diarias de las ocho de la tarde, ideadas por su vecino Abel Muíño
Familia de Santa Icía que participó en las fiestas diarias de las ocho de la tarde, ideadas por su vecino Abel Muíño

Narón

Todo arrincou cos aplausos das oito da tarde aos sanitarios, ao comezo do confinamento. «Sen querer. Saímos aplaudir os catro [el, a súa muller e os dous fillos, de cinco e dous anos], había dúas ou tres familias máis, e ao final dixen ‘Hola don Pepito’, e contestáronme cantando a canción. Vin nenos, pareceume divertido e díxenlles ‘mañá queredes cantar outra canción?’ Si....», relata Abel Muíño, naronés e mestre do CEIP San Ramón de Moeche. 

A cita repetiuse cada tarde, primeiro con cancións infantís, Soy una taza, Chuchuwa... «A partir de aí fóisenos das mans», recoñece o artífice destes encontros desde os balcóns, as fiestras ou as terrazas dos edificios que rodean o campo da festa de Santa Icía. Berraba tanto que ao cuarto día case queda sen voz. «E empezaron a aparecerme regalos á porta, un micrófono e logo un altofalante», relata. E os do «fondo sur», onde se sitúan Abel e a súa familia, abren cada sesión saudando aos do «fondo norte». 

A veciñanza foise animando e pasaron de non coñecerse a manter trato diario desde a distancia. O equipo reforzouse coa incorporación de Marta, que participaba coa súa familia desde outro edificio, como dj. «É unha artista, encárgase das sesións de música», explica Abel. Tralo aplauso vén o bailoteo, Abel proponlles algún xogo aos nenos e rematan con más cancións, así entre das oito menos cuarto ás oito e media, con emisión por Facebook. 

Logo viñeron as festas temáticas. «A decisión é sempre dos nenos, mandan eles, disfrazámonos de súper heroes, fixemos unha festa dos 80 con música da época, unha feira de abril espectacular [á que se sumaron veciños doutras partes de Santa Icía e doutras parroquias], vestímonos de Freddie Mercury para cantar I want to break free...», repasa. Unha vez á semana facían un bingo e o último día de cada mes puxeron a andar as campás de fin de ano, ataviados con traxe e garabata, e con vestidos de festa. 

Abel Muíño y su familia, vestidos para la Feria de Abril que celebraron desde los balcones en Santa Icía, en Narón
Abel Muíño y su familia, vestidos para la Feria de Abril que celebraron desde los balcones en Santa Icía, en Narón

«Cunha tixola e unha culler de pau fago soar o carillón e as doce badaladas, e cómense as uvas ou o que teña cada un pola casa», describe. Cando alguén cumpre anos, como lle pasou a Abel hai uns días, cántanlle todos a coro; e ás veces interpretan a versión da Macarena que compuxo unha veciña. Levan máis de 60 días e hoxe rematan. Coa fase 1 da desescalada cada vez queda menos xente nos balcóns, pola volta ao traballo. Pero a despedida será o día 24, cunha festa flower power. 

Abel botou man da súa experiencia como animador e puxo en marcha unha roda que os arrastrou a todos, os pequenos, o principal motor, e os maiores (unha señora que vive soa entregouse á festa diaria). Foi divertido e terapéutico, e Abel está moi contento de ter coñecido aos seus veciños.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Veciños de Santa Icía fixeron no confinamento unha festa diaria