Os escolares de Moeche queren máis galego

LA VOZ MOECHE

MOECHE

CÉSAR GALDO

Os rapaces foron os protagonistas do pleno extraordinario polo Día Internacional da Infancia

22 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os integrantes do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Moeche reclaman o apoio do Concello para a campaña «O galego rebélase», coa que piden un maior compromiso coa defensa e a promoción da lingua. Así o expresaron no pleno extraordinario do Día Internacional da Infancia, ao que tamén asistiu todo o alumnado do CEIP San Ramón.