A historia de amor de María Victoria Moreno co galego reviviu na comarca

La Voz NARÓN / LA VOZ

MOECHE

JOSE PARDO

O Día das Letras serviu onte de marco a numerosos actos

18 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A comarca reviviu a historia de amor que dicía sentir coa lingua María Victoria Moreno, a mestra e escritora estremeña á que se rendeu homenaxe este ano polo Día das Letras Galegas. Os encontros literarios e lúdicos sucedéronse pola zona, desde Narón, coas actividades centrais na praza da Lectura, en Santa Icía, a Moeche, co concerto de Sara Guerreiro e Javier Rodríguez; Mañón, cunha charla e música de Julia María Dopico; Valdoviño, onde se entregaron os premios do concurso de relato curto e debuxo; Pontedeume, cos xogos tradicionais; ou San Sadurniño, onde mesturaron as gaitas coa proxección do documental da Asociación Cultural Millo sobre a autora.

Pero aínda quedan por diante citas coas Letras Galegas. O TradiCoro de Airiños de Fene actuará hoxe (19.30 horas) no centro cívico de Caranza. No Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, mañá (20.00) presentarase o libro gañador do trixésimo certame de poesía Xosemaría Pérez Parallé, co autor, Carlos Lixó. Tamén o sábado (12.00), no Mercado de Moeche, o artista Manoel Felisa interpretará temas de Homenaxe aos poetas; mentres que no Teatro de Beneficencia soará a Banda de Música de Ortigueira (19.00); no local social da Veiga, en San Sadurniño, terá lugar o segundo encontro infantil de cantares tradicionais, ás 18.30; e no auditorio das Pontes proxectarase a película Dhogs en versión orixinal, ás 19.00 e ás 22.00.