Querida estrela fugaz, a nosa Uxía: Porque así foi a túa vida, pero non o teu paso por ela. Cada día custa respirar se nos paramos a pensar sequera un pouco, pero imos aprendendo a transformar esa dor indescriptible en algo que teña sentido e mereza a pena. Hai un tempo coñeciches, no teu traballo en Actividades Estaca, a Isabel, unha nena que loitaba contra o cancro e membro da Fundación Cris contra el cáncer. Isabel e a súa familia causaron en ti un gran impacto polo seu caso e a súa fortaleza e valor á hora de afrontalo. Non sabiamos ata que punto se ía a quedar no teu corazón. Ela foise demasiado axiña, marcándote profundamente e deixando dentro de ti unha idea, axudar dalgún xeito á fundación, que investigaches para coñecer ben o seu funcionamento e misión. Pero como a vida non entende de xustiza, sempre desfavorece ás almas máis nobles e puras, enfrentoute ti a un Linfoma de Hodgkin. Se tiñamos alguna dúbida da gran muller de 20 anos que eras, disipouse. Fuches un exemplo de loita, humanidade para os demais, fortaleza… Non sei cantos máis adxectivos podería escribir. Primeiro ensináchesme a quererme e na túa derradeira etapa o que era o amor incondicional por uns pais á conta do teu propio sufrimento para non vernos sufrir a nós. Perdiches a batalla filla miña, pero estás moi presente no corazón e pensamentos deste O Barqueiro, onde ti querías vivir para sempre, conseguícheo, pero o para sempre foi moi curto. Penso que o teu desexo de axudar á Fundación non pode quedar sen lograrse, porque é a túa obra inconclusa e necesitamos rematala para facer da dor amor. Vou facer por ti todo o que poida, que xa é pouco, desgraciadamente. Neste proxecto están involucradas todas as persoas, de sangue ou non, que ti sabías que eran familia, e todo o teu pobo que se mostra tremendamente solidarizado, por ti, coa causa. Quero que este desexo teu se cumpra cunha andaina co teu nome UXÍA CONTRA EL CÁNCER, na que en cada aportación e persoa que sume sexa una forma de dicirche que segues aquí connosco, facendo o ben altruístamente como era habitual. Mentras todos lembremos o teu sorriso cos teus beizos fucsia, que xa nomearon na NOITE MEIGA coma a túa reliquia, e así será para sempre, estarás connosco sempre. Coa túa empatía, sensibilidade e luz, creo que son as tres verbas que millor te poden definir, pero se che son sincera, para min, a verba é LUZ. Uxía, meu amor, vou cumprir o teu desexo. Por ti, por Isabel, por todos os menos e adolescentes que loitan contra o cancro e polas súas familias. QUERÉMOSTE MÁIS CA NADA NESTE MUNDO, como di papá “MI REINA” e como digo eu ”A MIÑA PRINCESA DO CAUREL”.
Mamá, porque a sigo sendo.