Mañón convida ás mulleres a tecer un tapiz contra a violencia machista

LA VOZ MAÑÓN

MAÑÓN

I. F.

O Concello organiza dous obradoiros para confeccionar 80 flores, unha por cada vítima mortal en Galicia desde 2003

20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Tecendo xuntas contra as violencias machistas é o lema dos obradoiros de bordado para mulleres que organiza o Concello de Mañón, na campaña do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Con esta iniciativa, desde a área de Igualdade queren «propiciar un espazo de encontro e fomentar as relacións de proximidade». Confeccionarán un tapiz con 80 flores, en memoria das mulleres e menores asasinados en Galicia desde 2003, que se colgará no balcón do consistorio local.

Serán o 22 de outubro e o 12 de novembro, na biblioteca, gratis e con reserva de praza no 681 147 029 ou en igualdade@manon.es.