Retirados 420 quilos de lixo de todo tipo da praia de Doniños, onde apareceron mortos 24 exemplares de Arao papagaio
FERROL CIUDAD
A Sociedade Galega de Historia Natural e Mar de Fábula organizan esta xornada
23 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Apuntáranse 40 persoas, pero ao final tamén se sumou algún espontáneo. O sol axudou e a xornada de limpeza da praia de Doniños, en Ferrol, organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Mar de Fábula, permitiu retirar 420 quilos de lixo, a maior parte de orixe doméstica, segundo explicou Xan Rodríguez Silvar.
Pero ademais dos plásticos ou redes que arrastraron os últimos temporais ata o areal, os participantes nesta iniciativa atoparon 24 exemplares de Arao papagaio (Fratercula arctica) mortos, un Paíño das tormentas «desfeito» e unha toniña, «un mamífero en perigo de extinción», indicou Rodríguez Silvar.
Este foi o segundo ano consecutivo que voluntarios coordinados pola SGHN e Mar de Fábula desenrolan este tipo de acción ambiental «para aliviar ao mar de todo o mal trato que se lle dá, de todo o que lle sobra, de todo o que non é seu».