A Diocese de Mondoñedo-Ferrol perde ao sacerdote José Manuel Quintana, exemplo de fe e de vida para todos cantos o coñeceron

Ramón Loureiro Calvo
RAMÓN LOUREIRO FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

CEDIDA

Natural de San Cosme de Piñeiro, en Cedeira, foi párroco, entre outros lugares, do Socorro, en Ferrol

13 abr 2025 . Actualizado a las 11:47 h.

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol vén de perder, ás portas da Pascoa, a un dos seus sacerdotes máis queridos: José Manuel Quintana Amado, que foi un exemplo de fe e de vida para todos cantos o coñeceron. Natural de San Cosme de Piñeiro, en Cedeira, onde naceu no ano 1948, estudou na Universidade Pontificia de Salamanca, na que cursou estudos de Teoloxía, e foi ordenado sacerdote en 1974.

O seu primeiro destino como sacerdote tívoo na Terra Chá, en Silva e en Viladonga. E máis tarde compaxinaría a docencia, que exerceu no instituto ferrolán Sofía Casanova, co labor pastoral en parroquias coma a do Socorro, tamén en Ferrol.

Ultimamente, e aínda que estaba xubilado xa, seguía moi unido, ademais de á súa parroquia natal, tamén á de Santa María do Mar, en Cedeira.

O falecemento de Quintana, que feneceu o Venres de Dores, causou unha verdadeira conmoción entre os sacerdotes diocesanos. Era un crego querido por todos. Un home que fixo da súa existencia unha auténtica predicación do Evanxeo.

Agora está con Deus Noso Señor. Celebrará a Pascoa á beira del, no Ceo.