
O evento acollerá diferentes torneos do xogo de cartas coleccionables «Magic: the Gathering»
02 ago 2024 . Actualizado a las 12:46 h.O concelleiro de Xuventude, Arán López, deu a coñecer na comisión da área do 1 de agosto que a celebración do Artabrian Weekend terá lugar os días 22, 23 e 24 de novembro no Pazo do Monte. O evento acollerá diferentes torneos do xogo de cartas coleccionables «Magic: the Gathering» ao longo desa fin de semana. Unha fórmula coa que se busca posicionar Ferrol no mapa do xogo competitivo organizado con vista a que chegue a ser referente nacional no ámbito.
Esta primeira edición contará co formato Team trios, 8-man e Cube o venres; Legacy (evento principal), Pioneer e 8-man (baixo demanda) o sábado; e Modern (evento principal) e 8-man o domingo. Os prezos das diferentes actividades van dos 4 euros ata os 30.
O horario do Artabrian Weekend será dende as 08.30 ata as 00.00 nas tres xornadas e a estimación sinala que preto de 200 persoas tomarán parte no total dos eventos. Estes veranse complementados con torneos paralelos, ludoteca de xogos de mesa para todas as idades e torneos de formatos diversos baixo demanda.
Cómpre tamén destacar que esta cita ten carácter solidario, xa que se habilitará unha zona para doar comida ao Banco de Alimentos Rías Altas.