Ferrol enxalza a figura e a obra de Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas

A. F. C. FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

A Biblioteca Municipal de Ferrol, un dos eixos das actividades organizadas polo Concello
A Biblioteca Municipal de Ferrol, un dos eixos das actividades organizadas polo Concello SANTIAGO PÉREZ

Concellos e entidades da comarca programan recitais, concertos, teatro, faladoiros ou exposicións

16 may 2024 . Actualizado a las 11:37 h.

Ferrol enxalza a Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras. O Concello levará as actividades aos centros escolares públicos, a través da biblioteca municipal, desde o xoves, co título E se o día das Letras Galegas recibiras unha visita inesperada? «Unha acción cultural na que os escritores Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Villalta se enredan nunha misión da que só sairán airosos da man dos nenos de Ferrol», explica o edil de Cultura, José Antonio Ponte Far.

 

 

O 16, ás 19.00 horas, presentarase o libro «Cinza», de Manuel Cráneo, con Xavier Alcalá, na biblioteca; o 17, ás 11.30, actuará pola rúa o grupo de gaitas Agarimo e terá lugar o primeiro certame de cantos de taberna por locais do centro e do Cantón, desde as 12.30; e o 19, ás 20.30, gala musical co Real Coro Toxos e Froles e Airiños de Fene, no auditorio; e estrea dunha obra de Juan Durán co barítono Gabriel Alonso e a soprano Patricia Rodríguez. O 21 acudirá ao centro Torrente Ballester Yolanda Castaño (19.00); e o 23 haberá, alí mesmo, un recital musical e poético (19.00).

 

O Día das Letras, Narón convida ao espectáculo teatral «De Castro a Villalta», de A Xanela do Maxín, na praza da Lectura, en Santa Icía; ás 17.30, Teatro Ghazafelhos interpretará «A illa sen tesouro»; e ás 18.30 actuará o Grupo de Cantareiras do Padroado da Cultura. Mañá e tarde haberá xogos populares. O sábado, ás 20.30, actuará Iria Estévez no CMI Unidade de Fene. A Asociación Etnográfica da Natureza (Aetna) de Fene homenaxea a Villalta, o xoves (20.30) no local do Pote. Os Cantabernas de San Xoán recitarán poemas e cantares, e logo darán bola, queixo e queimada.

 

 

Cedeira programa unha lectura de poemas para o venres (12.00), na biblioteca; o espectáculo «Seis, Lorca en Galicia», que mestura música, poesía e audiovisuais, o sábado (20.00), no auditorio, onde o músico brasileiro Nanán ofrecerá un concerto o domingo (20.00). Na Escola Laica de Cabanas, o 17 inaugúrase a mostra Cabanas, un pobo de artistas (18.00), aberta ata o domingo, e o grupo de teatro local Licor Café representará a obra «Rosenda, unha criada indecente» (19.00). O 18 haberá contacontos con Marisa Irimia (12.00) e a proxección da peza teatral da véspera (19.00); e o 19 entrega de premios do certame de poesía e microrrelatos (17.00). En San Sadurniño, este mércores leranse poemas e repasarase a dimensión literaria e persoal de Luísa Villalta, ás 11.00 na Casa da Cultura, onde o mago Teto protagonizará «A maxia das nosas letras »o xoves (18.30), e o 21 actuará Brais das Hortas, co «Consertasso na horta».

 

 

 

 

 

Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut levarán a Ares «Indóciles», narración oral, poesía e música, o 16, ás 20.00; e o 18, ás 12.00, na rúa Solín, o escritor Pablo J. Rañales debullará as temáticas da súa primeira novela en galego, «Os afogados», en formato vermú-presentación. En Neda, a biblioteca estrea estes días unha mostra bibliográfica sobre Villalta; o 16 proxectarase o documental «O auto das ánimas», de Pablo Lago Dantas (20.00, Casa da Cultura), e o 18 (11.30, biblioteca), obradoiro de escritura creativa con Velaísca para nenos de 6 a 12 anos.

 

 

 

Ortigueira celebrará un encontro co escritor Manuel López Foxo, organizado por Terras do Ortegal con apoio do Concello, o xoves, ás 20.30, no Teatro de Beneficencia. Falará do seu último libro, «Os vellos». En Pontedeume, o colectivo Terra e o Ateneo Fernán Martís organizan un cortexo cívico, polos 160 anos da estadía de Rosalía de Castro en Breamo (1862-2024), o 17, cunha ruta polos lugares dos creadores locais (de 12.00 a 14.00), e coa intervención de autores como Teresa Moure, Xavier Alcalá, Miguel Anxo Fernán Vello ou Xulio López Valcárcel. Abrindo o cortexo irá a banda Charamela.

 

Mañón proxectará a película «A lingua das bolboretas» o xoves (19.00) no centro sociocomunitario de O Barqueiro, onde se presentará o venres (19.00) o libro «Mundo do mar no concello de Mañón», do cronista oficial, Hixinio Puentes Novo. En Cerdido, José Luís Graña presentará o seu poemario «Verso Plural», con música de José Manuel Espiñeira, o 17 (19.30) na área recreativa do Castro. Moeche propón unha actividade interactiva, xogos, baile e outras probas, da man de Migallas Teatro, o venres, ás 12.00, no recinto feiral de San Ramón.