A inauguración do Monumento ás Vítimas do Franquismo de Ferrol será o 24 de febreiro

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

Obras de inicio do Monumento ás Vítimas do Franquismo de Ferrol
Obras de inicio do Monumento ás Vítimas do Franquismo de Ferrol Cedida

Ten que adiarse pola convocatoria electoral

13 ene 2024 . Actualizado a las 13:59 h.

O Monumento ás Vítimas do Franquismo de Ferrol será finalmente inaugurado o 24 de febreiro, máis dun mes despois do previsto. A data inicial era o 20 de xaneiro. Pero debido a que a convocatoria das eleccións autonómicas para o 18 de febreiro prohíbe inauguracións, terá que posporse.

As obras da instalación da base do memorial iniciábanse este luns, no parque Antón Varela de Canido.

A escultura de Manuel Patinha, promovida pola Comisión Pro Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrolterra, terá catro metros de altura e levará o nome dos 904 asasinados polo franquismo na comarca.