O Jofre acollerá a estrea de «As damas de Ferrol», de Teatro do Noroeste

LA VOZ FERROL

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

Clara Gayo dirixe a escenificación programada para o 1 de decembro

26 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

No teatro Jofre, celebrarase o vindeiro venres 1 de decembro a estrea da obra As damas de Ferrol. A peza está asinada por Eduardo Alonso e dirixida por Clara Gayo, «nunha comedia de humor negro a ritmo de jazz coa cidade de Ferrol como protagonista».

Producida por Teatro do Noroeste, conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic e tamén coa colaboración do Concello de Ferrol.

 As damas de Ferrol é «unha comedia onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza». A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario imposible de descifrar. As personaxes son Lourdes e Maruxa, dúas supostas irmás, xa maiores, que falan sobre elas mesmas, sobre a súa situación actual e sobre os acontecementos que as levaron a ela.