O Torrente acolle «Orixes», a primeira exposición da cátedra de Arqueoloxía
FERROL CIUDAD
Será ás 19.30 horas desta tarde, no espazo cultural municipal
28 dic 2022 . Actualizado a las 14:35 h.O Centro Cultural Torrente Ballester acollerá esta tarde ás 19.30 horas a primeira exposición da Cátedra de Aqueoloxía e Educación Patrimonial, do Concello de Ferrol e a UDC. O seu director, Juan Luis Montero Fenollós, sinala que se trata da primeira exposición monográfica en Ferrol sobre os achados arqueolóxicos castrexos da contorna: «Está pensada para o gran público», indicou. O percorrido histórico divídese en dúas partes diferenciadas, unha delas con paneis explicativos sobre fitos arqueolóxicos en Ferrol e outra con obxectos de excavacións non profesionais ou ben «achados casuais». Tamén se incorporaron á exposición fotografías feitas con dron que permiten aprezar as formas de castros coma o de Lobadiz.
Nesta mostra colaboraron o Museo Naval de Ferrol, o Ateneo Ferrolán, o Centro Torrente Ballester (pertencente ao Concello) e a Sociedade Cultural Columba. Con esta primeira exhibición arranca unha programación a catro anos vista conformada por mostras, aulas e un arqueódromo educativo, entre outras actividades. Do deseño e a montaxe encargáronse Eloy Taboada e Amano Estudio. É posible reservar visitas guiadas enviando un correo a fenollos@udc.gal.