O Campus acolle unha xornada sobre os retos das xubilacións futuras

la voz

FERROL CIUDAD

Jornada de la UDC
Jornada de la UDC CAMPUS INDUSTRIAL DE FERROL

«A protección das pensións de xubilación: perspectivas actuais e de futuro» terá lugar no auditorio Concepción Arenal

15 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O salón de actos Concepción Arenal do campus de Ferrol acollerá o venres a xornada «A protección das pensións de xubilación: perspectivas actuais e de futuro». O encontro está organizado pola presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández; a profesora de Ciencias do Traballo da UDC Asunción López, e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña, Susana Soneira. A primeira mesa, ás 10.00 horas, afondará na protección das pensións, seguida por unha charla con distintos axentes sociais. Ás 12.20, terá lugar un simposio sobre a Seguridade Social, a cargo do maxistrado do TSXG, Fernando Lousada.